viernes, 14 de octubre de 2022

DESFRUTANDO DO OUTONO

Hai menos dun mes que comezou o outono e a nosa aula comeza a encherse de diferentes elementos que nos serven para tocar, ulir, xogar…

A mesa de outono está chea de elementos típicos desta estación do ano: follas, castañas, ourizos, landras, noces, unha cabaza e incluso unha mandarina.




 Xunto con estes elementos vexetais descubrimos tamén algún que outro elemento “animal”😁 que viña camuflado en follas e froitos: unha araña, unha cadeliña do frade, unha cascuda e un caracol. Claro que o único que parou para a foto foi este simpático caracol, os outros conseguimos votalos pola fiestra coa axuda dun papel 😂😂.

Polo momento estamos clasificando o material, contando, prensamos unhas follas para logo pintalas, comparando tamaños e aprendendo que os ourizos pinchan 🙈 e hai que collelos con coidado.





Continuaremos investigando sobre este material e por suposto podedes enviar algunha outra cousa que vos pareza interesante

No hay comentarios:

Publicar un comentario