Mostrando entradas con la etiqueta IGUÁLA-T. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IGUÁLA-T. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de marzo de 2024

8 M: Érase dúas veces a ratiña fachendosa

Para recordar a importancia da igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres, cos mesmos dereitos e oportunidades fixemos, varias actividades:

-debuxamos a muller da nosa vida.

-contamos contos e cantamos cancións.

-elaboramos pulsera coa cor revindicativa.

E sobre todo divertímonos moito ensaiado e preparando o conto "ÉRASE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA" , que representamos na biblioteca para tódalas compañeiras e compañeiros.








Asemade esta semana gozaremos dos contos de Marisa Irimia:


martes, 28 de noviembre de 2023

25 N

 Un conto marabilloso e moi ilustrativo que nos ofreceron os compañeiros na biblioteca




Falando de violencia tivemos unhas conversas ben interesantes das que sairon a nosa aportación ao mural realizado polo 25N, onde se contrapuxeron o bo e o malo, e visualizamos baixo a luz negra.




viernes, 10 de noviembre de 2023

OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE

 Entre a nosa colleita sementada na primavera pasada estaban as cabazas e os cabaciños, así que ademáis de comprobar o paso do tempo fixemos un obradoiro de cociña

PURÉ DE CABAZA



viernes, 21 de abril de 2023

ABRIL, LIBROS E ACTIVIDADES MIL

 Marzo rematou cunha morea de actividades e abril comezou con outras tantas.As nosas sementes xa xermolaron e dentro de pouco teremos que trasplantalas na horta mancomunada na que temos unha pequena leira.

Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no blog de Librín. Logo debuxamos a Cocorico e pintamos con ovo e pincel.

Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo. 

   


Tamén descubrimos que a flor do camelio é un marabilloso xabrón natural

E aquí tedes un xogo coas flores que xa coñecemos, pero cuidado  hai que descubrir as dúas que non son de xardín que son silvestres!!!



E por último esta semana pasada dentro do proxecto Terra recibimos a unha inspectora urbanística e a ratiña FUS FUS que nos contou contos de ratiños e moitas cousas interesantes de como coidar do noso patrimonio natural e cultural.


martes, 11 de abril de 2023

LEMBRANDO O MES DE MARZO

 Marzo coa chegada da primavera foi un mes cheo de alegrías, de xogos  e de actividades:

-Pasámolo moi ben nas Nogueiras recuperando a tradición do noso pobo de saír ao campo no DÍA DAS TORTILLAS


-Podedes ver outras actividade dos proxectos da biblioteca e INCLÚE-T no blog de Librín

-Nas nosas investigacións sobre as plantas e as flores tamén imos ver que pasa coas semente que plantamos na terra pero tamén con esquexes de plantas na auga. A volta das vacacións veremos que acontece. 


Para rematar o trimestre uns obradoiros interesantes, recortando e cociñando emocións.






domingo, 26 de marzo de 2023

POESÍA CON MOITO MÁIS

                        A pasada semana comezamos con formación para estar preparados para as saídas á Natureza sin que haxa riscos nin perigos. Acompañounos un policía moi especial que nos explicou todo xenial, mil grazas Xabi                       



Agora a practicar na casa para saber onde vivimos, a nosa rúa, número e piso. Tamén podemos aprender o que vemos pola ventá da nosa casa, o super, un bar...todo aquilo que nos poda axudar no caso de ter unha emerxencia.



Continuaremos a última semana de marzo cunha morea de actividades, o día das tortillas, o DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN, coñecendo o que acontece ao chegar a primavera,... e entre elas a visita do noso amigo Xoán Neira que nos presentará o seu libro CALENDARIO POÉTICO co que estamos a traballar.

Aquí deixo unha estrofa do poema adicado ao mes de marzo:

                                                    O  OITO  É  O  DÍA  DA  MULLER

POLA   IGUALDADE  ENTRE  ELA  E  EL.

O  VINTE É  O  DÍA  DA  NARRACIÓN,


O  CONTO  QUE  QUENTA  COMO  O  SOL.


O  VINTE  E  UN  É  O  DÍA DA  POESÍA,


MELLOR   SERÍA  TODOS  OS  DÍAS;


TAMÉN  O DÍA  DA   ÁRBORE


PLANTA  A  TÚA  CON  CARIÑO


PARA  QUE  MEDRE  CONTIGO.


XOÁN NEIRA

jueves, 9 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE COCIÑA E OUTRAS ACTIVIDADES

 Rematamos febreiro e comezamos marzo cunha morea de actividade. Fixemos un obradoiro de cociña e nel as comidas favoritas de Paca e Calixto, coñecimos moitas cousas de Rosalía de Castro e dentro do noso traballo IGUÁLA-T tivemos un espéctaculo de maxia.

Polo 8M, e para completar as actividades de educación en igualdade que facemos cada día, tivemos unha maga e un mago que ademáis de facer trucos e sombras chinesas para as nenas e os nenos tamén recordaron para os adultos algunhas das cousas importantes polas que serguir educando para facer un mundo sin diferencias por razóns de xénero.







XOGOS 8M

domingo, 12 de febrero de 2023

TEMPO DE ENTROIDO

 Chega  unha das festas que moito nos gusta e na nosa localidade ten moita historia xa que se celebrou sempre, incluso no tempo no que estaba prohibido facelo. Por iso a nosa escola enchese de TEMPO DE ENTROIDO e este curso imos aprender como se celebra en distintas partes de Galicia e cales son os disfraces máis característicos.

TEMPO DE ENTROIDO, investiga, canta e xoga = pincha aquí 


       PELIQUEIRO


CIGARRÓN

https://blog.aquintadaauga.com/entroido-carnaval-en-galicia/

https://praza.gal/ducias/personaxes-do-entroido

http://consellodacultura.gal/fondos_documentais//web/coordinadoraendl/entroido/Material2014/documento.carteler%C3%ADa.entroido.pdf

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2013/02/26/imaxes-da-exposicion-sobre-entroido-enmarcada-nos-actos-das-xornadas-sobre-o-entroido-de-galiza-organizadas-pola-sociedade-antropoloxica-gal



lunes, 30 de enero de 2023

A PAZ UN RETO CADA DÍA

 Moitas son as actividades que estamos a facer para recordar a importancia da Paz para unha convivencia axeitada e un mundo mellor.

Aprendimos os distintos símbolos que a representan no mundo e o seu significado, traballamos as palabras que pensamos significan paz, contamos contos de paz, picamos e pintamos pombas da paz realizando grafismos coas ceras brancas, como o día 30 ademais de ser o Día Internacional da Paz e o Día da Ilustración, ilustramos unha estrofa do primeiro poema do libro "Calendario poético" do noso amigo Xoan Neira. Tamén como este ano 2023 é o 50 aniversario da morte do pintor Pablo Picasso estamos a coñecer a súa obra e comenzamos polas pombas da paz que él debuxou e das que fixemos a nosa propia versión traballando a grafomotricidade. Por último coa profe Chus xogamos cos escornabots e co profe Pablo fixemos uns xogos cos que podemos continuar a xogar na casa.

PAZ 2023







sábado, 14 de enero de 2023

NOVO TRIMESTRE, NOVAS ILUSIÓNS

 Comezamos un novo trimestre con forzas renovadas ( sobre todo as da profe, que por fin está de volta) e tamén con moita maxia, creatividade e ilusións. De todo isto  a clase da bolboreta Juanita quere facer participes a todas as familias deste  grupo, xa que a convivencia fainos mellores si a afrontamos con moita tranquilidade, amor e empatía. Por iso queremos contarvos que o novo ano deixounos unha nova amiga, PACA A PIRATA, con ela aprenderemos moitas cousas, sempre trae algunha sorpresa, algún reto por descubrir en familia e moitos contos e aventuras. Coñeceremos onde vive, a que lle ten medo, que lle gusta,...e tamén ao seu amigo CALIXTO, que  imaxinamos é un pirata coma ela, e que vive na clase dos nosos amigos e amigas, a aula do paxaro.



Recibimos tamén un agasallo de Nadal, aínda que non sabemos quen ó deixou si o Apalpador, si Papá Noel ou os Reis Magos, e que nos gustou moito.


Paca trouxonos limóns dun dos seus viaxes na fragata onde vive, limóns do caribe e outra froita sobre a que tivemos que investigar e algúns trouxeron a resposta: UNHA LIMA.

Non sabemos que sorpresas nos traerá a vindeira semana 👀🎉🎉🎉🎉, o que si sabemos é que comezaremos novas actividades, da escola a casa e viceversa: 

-como nos sentinos hoxe, EMOTICONOS

-a CAIXA DOS TESOUROS, traendo ao cole ata tres obxectos que son moi especiales para cada un de nós.