Mostrando entradas con la etiqueta EDUSAÚDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUSAÚDE. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de noviembre de 2023

OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE

 Entre a nosa colleita sementada na primavera pasada estaban as cabazas e os cabaciños, así que ademáis de comprobar o paso do tempo fixemos un obradoiro de cociña

PURÉ DE CABAZA



martes, 3 de octubre de 2023

ABERTO POR DIVERSIÓN

 Comezamos o novo curso, este 2023/24 será a última estación neste cole para as nenas e os nenos da clase da bolboreta e do peixe globo, por iso tentaremos de pasalo moi, moi ben divertíndonos moito e aprendendo outro tanto.

E para iniciar o curso, que mellor cousa que recoller os froitos das plantacións na Horta Mancomunada feitas na pasada primavera, unha morea de hortalizas!


E para iniciar a diversión nada nos pode gustar máis que un obradoiro de cociña, así que decidimos facer SALSA DE TOMATE. Aprendimos o nome de distintos tipos de tomates, que non eran hortalizas propiamente ditas se non que os TOMATES en realidade son unha froita e que debemos consumilos axiña por que enseguida se pasan e podrecen.
Como xa temos moita experiencia este obradoiro resultounos moi doado de facer e a SALSA estaba boísima, mágoa duns tallaríns!


Seguiremos experimentando coas hortalizas, xa temos moitas ideas.

sábado, 6 de mayo de 2023

REMATANDO ABRIL E COMEZANDO MAIO

En abril, mes dos libros, os  venres foron de  monicreques e celebramos o  DÍA DO LIBRO cunha contacontos moi especial e moitas recomendacións lectoras que podedes ver no blog de Librín no seguinte enlace:

TODOS OS DÍAS SON LIBROS DE ABRIL

O último venres de monicreques tivo moita, moita maxia e correu a cargo do alumnado de 6º

MAXÍA

Rematamos o mes cun obradoiro e contacontos, no novo espazo creativo da nosa biblioteca espallada, titulado A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO



Participamos na I Andaina Solidaria polo Día Internacional do Deporte, organizada polo Grupo de Intervención Xuvenil de Viveiro en apoio a asociación pola Saúde Mental da Mariña.


Para comenzar maio tivemos unha primeira semana moi intensa:

1º- recordando a celebración do Día da Terra, fumos trasplantar as nosas sementes que moi ben xermolaron no invernadoiro do patio.


2º-Tivemos un novo obradoiro no espazo creativo da biblioteca , nesta ocasión  emocións e arte. Aprendimos a fabricar pintura con fariña e pigmentos naturais da man da artista e veciña de Burela Adriana Pardo, despois asociamos as cores creadas a distintas emocións.


3º-subimos a plantar árbores autóctonas a San Roque coa colaboración dos axentes forestais de Medio Rural  e da Comunidade de Montes San Roque.





4º-para rematar esta primeira semana visitounos unha odontóloga, Estefanía Regal, como parte do noso proxecto Edusaúde, que nos ensinou moitas cousas interesantes sobre os nosos dentes e os dos animais.








viernes, 21 de abril de 2023

ABRIL, LIBROS E ACTIVIDADES MIL

 Marzo rematou cunha morea de actividades e abril comezou con outras tantas.As nosas sementes xa xermolaron e dentro de pouco teremos que trasplantalas na horta mancomunada na que temos unha pequena leira.

Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no blog de Librín. Logo debuxamos a Cocorico e pintamos con ovo e pincel.

Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo. 

   


Tamén descubrimos que a flor do camelio é un marabilloso xabrón natural

E aquí tedes un xogo coas flores que xa coñecemos, pero cuidado  hai que descubrir as dúas que non son de xardín que son silvestres!!!



E por último esta semana pasada dentro do proxecto Terra recibimos a unha inspectora urbanística e a ratiña FUS FUS que nos contou contos de ratiños e moitas cousas interesantes de como coidar do noso patrimonio natural e cultural.


martes, 11 de abril de 2023

LEMBRANDO O MES DE MARZO

 Marzo coa chegada da primavera foi un mes cheo de alegrías, de xogos  e de actividades:

-Pasámolo moi ben nas Nogueiras recuperando a tradición do noso pobo de saír ao campo no DÍA DAS TORTILLAS


-Podedes ver outras actividade dos proxectos da biblioteca e INCLÚE-T no blog de Librín

-Nas nosas investigacións sobre as plantas e as flores tamén imos ver que pasa coas semente que plantamos na terra pero tamén con esquexes de plantas na auga. A volta das vacacións veremos que acontece. 


Para rematar o trimestre uns obradoiros interesantes, recortando e cociñando emocións.






jueves, 2 de marzo de 2023

VISITA AO SUPERMERCADO EROSKY

 

Unha excursión sempre resulta motivadora para novas actividades encamiñadas a crear hábitos saudables e convertelos en prácticas habituais dende a infancia.

Percorremos  todas as seccións do supermercado , onde nos explicaron un montonazo de cousas. As nenas e os nenos xa sabian moito e por iso adiviñamos moitos dos peixes da peixaría, moitas verduras.... Tamén aproveitamos para mercar os ingredientes da  receita que do 1º obradoiro de cociña, os pratos favoritos de PACA E CALIXTO.

E para rematar menuda sorpresa nos tiña preparada FINA, unha merenda moi, moi especial.

Aínda que as veces parece  complicado, os nenos e nenas poden comer máis variado tamén cando é un día de festa. Hoxe axudounos  o EROSKI a mostrarlles  platos divertidos a base de froitas. Sería moi interesante agora que vos acompañaran na cociña a preparar e participar do momento de facer a merenda. Aquí deixamos as ideas de Fina que foron todo un éxito .








É moi positivo presentar alimentos saudables en ambientes festivos .Debemos establecer unha asociación positiva entre festa e saúde. O importante é preparalos ben e de forma divertida e atractiva para as nenas e  os nenos,  lles chame a atención e desperte a súa curiosidade. Así que apostade por merendas e festas de aniversarios con comida saudable e divertida

A visita ao supermercado  EROSKI foi moi productiva e chea de agasallos, así que 

GRAZAS , GRAZAS E MÁIS GRAZAS EROSKI

Nós continuaremos no cole con obradoiros, clasificación dos alimentos, propiedades que nos aportan,...sempre de xeito lúdico co que conseguimos moitos dos obxectivos dos programas do centro e desta etapa onde a iniciación e consolidación de hábitos de saúde e sostibilidade son fundamentais.

 




viernes, 11 de noviembre de 2022

IOGA

Esta semana tivemos un contacto diferente co Ioga. Natalia veu acompañada de Hugo que nos ensinou a relaxarnos coa axuda de diferentes instrumentos de madeira e os cuncos tibetanos. Tamén aprendemos a modular a voz coa axuda da Shruti Box. Aquí queda unha pequena mostra desta xornada tan interesante e enriquecedora.

 


 

Foi un pracer contar con especialistas coma eles. Ata a próxima.