viernes, 21 de octubre de 2022

AS ESCRITORAS

 

Seguramente moitas e moitos de vos lembrades o que é isto, pero para as nenas e nenos ver este aparello converteuse nunha animada conversa para intentar adiviñar que era 😏😲

Unha caixa rexistradora, unha calculadora, un ordenador antigo, algo que serve para facer algo, outra calculadora, unha lavadora…👆🙋

A máquina de escribir foi a escusa perfecta para introducir o tema da semana: o Día das Escritoras, celebrado o 17 de outubro e que este ano leva por lema “Antes, durante e despois das guerras”.

Lema complexo que  nos tratamos dende un texto de Paula Carballeira (escritora que o ano pasado visitou o colexio) cun toque de  optimismo e positivismo.

Algunhas actividades propostas foron repetir as letras do noso nome nun folio en branco e picar a silueta da escritora para facer unha vistosa composición.

Tamén aproveitamos os restos do picado para facer un mural conxunto coa aula das plumitas e convidamos ao resto das aulas a participar poñendo o nome dos nenos. 


O que máis interesante lles pareceu foi poder escribir coa máquina no recanto das letras. O son da máquina ó premer as teclas duras, poñer o folio, xiralo, atascar as teclas, quitar a tinta 😁😂🙈…. Todo forma parte da aprendizaxe.


A semana tamén deu para preparar unha sorpresa que imos repartir o luns


QUE SERÁ?🙊

Incluso comezamos a sustarnos cos diferentes monstros que chegaron á aula. 

Pero esa é outra historia...

1 comentario: