jueves, 29 de septiembre de 2022

A BOLBORETA JUANITA

Saúdos a todas e todos. Imos comezar una nova aventura. Unha aventura para descubrir, para investigar, para aprender xogando e sobre todo para desfrutar.

Nesta andaina teremos unha compañeira moi especial: a bolboreta Juanita.

Juanita non está soa no cole, ten moitos amigos e amigas. O polbo Pepito; Pincitas, o cangrexo; Plumitas, unha paxariña que vive na aula do lado; a coelliña Rosa; o caracol Pol… Pero o seu mellor amigo e Juanito o peixe globo, que tamén nos vai vir axudar durante o curso.

 

Estas semanas estivemos traballando un pouco coas nosas mascotas: fixémolas con plastilina, coloreámolas de diferentes cores, estampamos coas mans, decoramos os colgadoiros …








 Imos seguir aprendendo cousas coa nosa nova amiga Juanita. Grazas por estar ahí colaborando para que esta aventura sexa aínda máis divertida.