martes, 31 de enero de 2023

RETO DIVULGAMOS

 Dentro dos proxectos EDUsostibilidade e Voz Natura o reto deste mes de xaneiro foi divulgar a importancia da auga para a vida no planeta, para a nosa supervivencia que conleva o coidado do que nos rodea e da natureza.

Aprendimos moi ben  moitos xeitos de aforrar auga, recordámolo no seguinte video:


Pincha no enlace para ver o noso traballo:



lunes, 30 de enero de 2023

A PAZ UN RETO CADA DÍA

 Moitas son as actividades que estamos a facer para recordar a importancia da Paz para unha convivencia axeitada e un mundo mellor.

Aprendimos os distintos símbolos que a representan no mundo e o seu significado, traballamos as palabras que pensamos significan paz, contamos contos de paz, picamos e pintamos pombas da paz realizando grafismos coas ceras brancas, como o día 30 ademais de ser o Día Internacional da Paz e o Día da Ilustración, ilustramos unha estrofa do primeiro poema do libro "Calendario poético" do noso amigo Xoan Neira. Tamén como este ano 2023 é o 50 aniversario da morte do pintor Pablo Picasso estamos a coñecer a súa obra e comenzamos polas pombas da paz que él debuxou e das que fixemos a nosa propia versión traballando a grafomotricidade. Por último coa profe Chus xogamos cos escornabots e co profe Pablo fixemos uns xogos cos que podemos continuar a xogar na casa.

PAZ 2023







viernes, 20 de enero de 2023

PARA XOGAR EN DÍAS DE INVERNO

 Na aula esta semana xogamos na EDI e podemos seguir cos mesmos xogos na casa,  con algo de axuda.

PACA A PIRATA



FROITAS CON MOITA VITAMINA C

sábado, 14 de enero de 2023

NOVO TRIMESTRE, NOVAS ILUSIÓNS

 Comezamos un novo trimestre con forzas renovadas ( sobre todo as da profe, que por fin está de volta) e tamén con moita maxia, creatividade e ilusións. De todo isto  a clase da bolboreta Juanita quere facer participes a todas as familias deste  grupo, xa que a convivencia fainos mellores si a afrontamos con moita tranquilidade, amor e empatía. Por iso queremos contarvos que o novo ano deixounos unha nova amiga, PACA A PIRATA, con ela aprenderemos moitas cousas, sempre trae algunha sorpresa, algún reto por descubrir en familia e moitos contos e aventuras. Coñeceremos onde vive, a que lle ten medo, que lle gusta,...e tamén ao seu amigo CALIXTO, que  imaxinamos é un pirata coma ela, e que vive na clase dos nosos amigos e amigas, a aula do paxaro.



Recibimos tamén un agasallo de Nadal, aínda que non sabemos quen ó deixou si o Apalpador, si Papá Noel ou os Reis Magos, e que nos gustou moito.


Paca trouxonos limóns dun dos seus viaxes na fragata onde vive, limóns do caribe e outra froita sobre a que tivemos que investigar e algúns trouxeron a resposta: UNHA LIMA.

Non sabemos que sorpresas nos traerá a vindeira semana 👀🎉🎉🎉🎉, o que si sabemos é que comezaremos novas actividades, da escola a casa e viceversa: 

-como nos sentinos hoxe, EMOTICONOS

-a CAIXA DOS TESOUROS, traendo ao cole ata tres obxectos que son moi especiales para cada un de nós.


sábado, 7 de enero de 2023

COMEZA UN NOVO ANO

Xa estamos no ano 2023, axiña comezan outra vez as clases e volvemos con novas enerxías para continuar aprendendo.

Seguro que nestas datas son moitos os agasallos recibidos e todos eles estaban envoltos en preciosos papeis de cores.

Dentro da nosa política de “Residuo cero” lembrade que podemos reutilizar ese material creando novos elementos, por exemplo como fixemos coas bolas de nadal elaboradas cos restos de facer a decoración a aula.



Recortamos en pequenos pedazos e mesturamos con auga. Deixar uns dias para que abranden e logo podemos usar una batedora para triturar ou deixalo gordo. Con iso obtemos pasta de papel que podemos empregar para facer manualidades.