Queremos darvos
as grazas por facer coas nenas e nenos eses monstros horripilantes que
asustaban tanto. Esperamos que gustásedes da exposición.
Para saber máis
sobre o que fixemos nesta semana monstruosa podedes pulsar no seguinte enlace e
escoitar as cancións deste ano, facer diferentes xogos interactivos, descargar
a poción máxica contra o medo e ver o vídeo resumo das diferentes actividades
Estamos a punto
de rematar unha semana chea de monstros. O certo e que aínda que pareza mentira
gustamos dos sustos e o medo.
Cando empezaron a
chegar os monstros á clase tivemos un pequeno problema, resulta que eran un
pouco atravesados e descolocaban os libros da aula así que tivemos que pensar
unha solución. Acordamos en facer un muro para deixalos encerrados pero o
primeiro intento non foi moi produtivo
Facendo un debate
consensuamos que era mellor traballar en equipo e de poucos en poucos, e iso si
foi efectivo
A nosa idea
funcionou e os diferentes monstros portáronse moi ben.
Ao longo da
semana tamén elaboramos o noso propio monstro de aula
Agora está na
exposición que xa veriades a maioría de vos.
Por suposto tivemos
tempo para contos de medo e de monstros, e contamos coa grata visita de
Estefanía Padullés que nos debuxou e contou “Leopoldo, o pequeno monstro”
Cerramos con isto as conmemoracións do Día das Escritoras e o día da Biblioteca.
Tamén fixemos uns
morcegos e unhas pantasmas coas follas secas de outono que presamos, para decorar un pouco a
aula
E a bruxa Maruxa
agasallounos con uns cantos ingredientes máxicos, e unha receita para facer unha
poción contra o medo.
Veremos se
funciona..., porque o venres hai unha sorpresa monstruosa agardando por nós no
final do corredor