lunes, 31 de octubre de 2022

MONSTROS POLO SAMAÍN

Este ano a cousa foi de monstros 👾👻💀👿

Queremos darvos as grazas por facer coas nenas e nenos eses monstros horripilantes que asustaban tanto. Esperamos que gustásedes da exposición.

Para saber máis sobre o que fixemos nesta semana monstruosa podedes pulsar no seguinte enlace e escoitar as cancións deste ano, facer diferentes xogos interactivos, descargar a poción máxica contra o medo e ver o vídeo resumo das diferentes actividades

MONSTROS POLO SAMAIN

 

jueves, 27 de octubre de 2022

XA VEN SAMAIN

Estamos a punto de rematar unha semana chea de monstros. O certo e que aínda que pareza mentira gustamos dos sustos e o medo.

Cando empezaron a chegar os monstros á clase tivemos un pequeno problema, resulta que eran un pouco atravesados e descolocaban os libros da aula así que tivemos que pensar unha solución. Acordamos en facer un muro para deixalos encerrados pero o primeiro intento non foi moi produtivo


Facendo un debate consensuamos que era mellor traballar en equipo e de poucos en poucos, e iso si foi efectivo

 




A nosa idea funcionou e os diferentes monstros portáronse moi ben.

Ao longo da semana tamén elaboramos o noso propio monstro de aula

 

 

Agora está na exposición que xa veriades a maioría de vos.


 

Por suposto tivemos tempo para contos de medo e de monstros, e contamos coa grata visita de Estefanía Padullés que nos debuxou e contou “Leopoldo, o pequeno monstro”

 

Cerramos con isto as conmemoracións do Día das Escritoras e o día da Biblioteca.

Tamén fixemos uns morcegos e unhas pantasmas coas follas secas de outono que presamos, para decorar un pouco a aula


E a bruxa Maruxa agasallounos con uns cantos ingredientes máxicos, e unha receita para facer unha poción contra o medo.

 

Veremos se funciona..., porque o venres hai unha sorpresa monstruosa agardando por nós no final do corredor

 


A CASA DO TERROR

 


viernes, 21 de octubre de 2022

AS ESCRITORAS

 

Seguramente moitas e moitos de vos lembrades o que é isto, pero para as nenas e nenos ver este aparello converteuse nunha animada conversa para intentar adiviñar que era 😏😲

Unha caixa rexistradora, unha calculadora, un ordenador antigo, algo que serve para facer algo, outra calculadora, unha lavadora…👆🙋

A máquina de escribir foi a escusa perfecta para introducir o tema da semana: o Día das Escritoras, celebrado o 17 de outubro e que este ano leva por lema “Antes, durante e despois das guerras”.

Lema complexo que  nos tratamos dende un texto de Paula Carballeira (escritora que o ano pasado visitou o colexio) cun toque de  optimismo e positivismo.

Algunhas actividades propostas foron repetir as letras do noso nome nun folio en branco e picar a silueta da escritora para facer unha vistosa composición.

Tamén aproveitamos os restos do picado para facer un mural conxunto coa aula das plumitas e convidamos ao resto das aulas a participar poñendo o nome dos nenos. 


O que máis interesante lles pareceu foi poder escribir coa máquina no recanto das letras. O son da máquina ó premer as teclas duras, poñer o folio, xiralo, atascar as teclas, quitar a tinta 😁😂🙈…. Todo forma parte da aprendizaxe.


A semana tamén deu para preparar unha sorpresa que imos repartir o luns


QUE SERÁ?🙊

Incluso comezamos a sustarnos cos diferentes monstros que chegaron á aula. 

Pero esa é outra historia...