lunes, 27 de octubre de 2025

OUTUBRO

 Este mes estivo cheo de actividades, de xogo e aprendizaxes para  a vida. Visitamos  Viveiro para coñecer o nome das prazas e rúas e buscar onde naceu e que rúa adicaron a nosa pintora preferida, que está de aniversario cunha gran exposición no museo Raiña Sofía, tamén visitamos as Nogueiras e traballamos a gradacion das cores, celebramos o Día das escritora e o Día das  bibliotecas.

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É, titulo do Proxecto Terra deste curso, dentro do cal iremos coñecendo mellor a nosa vila. Comezamos por ver as rúas principais e a unha pintora asociada a nosa vila, Maruja Mallo.


Polo Día das escritora María Rolle, escritora e compañeira, contounos o seu conto "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS", acompañada de Ánxela e da súa güitarra.


Primeira visita deste curso ás Nogueiras con moito xogo e aprendizaxe.


No Día das bibliotecas, ensinando contra a desinformación, lacra da sociedade actual.

Esta seman estamos a preparar o Samaín cos antagonistas dos contos como figura principal e coa axuda de tódalas familias, rematarmeos cunha festa o día 30.


No hay comentarios:

Publicar un comentario