Dan man do entomólogo Miguel Santamaria tivemos unha xornada realmente motivadora onde aprendimos moitísimas cousas sobres os insectos e poidemos disfrutar de coñecelos en vivo e en directo, poidemos tocalos e aprenciar pequenas cousas que sin velos en vivo nunca descubririamos. Asemade axudounos a perder moitos medos e bloqueos en relación a este tipo de animais, pero tamén a respetalos e coidar do medio que nos rodea.
sábado, 25 de mayo de 2024
sábado, 6 de mayo de 2023
REMATANDO ABRIL E COMEZANDO MAIO
En abril, mes dos libros, os venres foron de monicreques e celebramos o DÍA DO LIBRO cunha contacontos moi especial e moitas recomendacións lectoras que podedes ver no blog de Librín no seguinte enlace:
TODOS OS DÍAS SON LIBROS DE ABRIL
O último venres de monicreques tivo moita, moita maxia e correu a cargo do alumnado de 6º
Rematamos o mes cun obradoiro e contacontos, no novo espazo creativo da nosa biblioteca espallada, titulado A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO
viernes, 21 de abril de 2023
ABRIL, LIBROS E ACTIVIDADES MIL
Marzo rematou cunha morea de actividades e abril comezou con outras tantas.As nosas sementes xa xermolaron e dentro de pouco teremos que trasplantalas na horta mancomunada na que temos unha pequena leira.
Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no blog de Librín. Logo debuxamos a Cocorico e pintamos con ovo e pincel.
Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo.
martes, 11 de abril de 2023
LEMBRANDO O MES DE MARZO
Marzo coa chegada da primavera foi un mes cheo de alegrías, de xogos e de actividades:
-Pasámolo moi ben nas Nogueiras recuperando a tradición do noso pobo de saír ao campo no DÍA DAS TORTILLAS
miércoles, 22 de marzo de 2023
O MES DA POESÍA E MOITO MÁIS
Marzo é un mes no que sempre traballamos un pouco máis a poesía, entramos en contacto coa natureza e ademaís tivemos unha nova sesión de ioga con instrumentos musicais moi diferentes e relaxantes.
Por fin fixemos ioga na Ludoteca e coñecimos uns instrumentos musicais moi relaxantes, o gong e unha frauta moi diferente.
jueves, 2 de marzo de 2023
VISITA AO SUPERMERCADO EROSKY
Unha excursión sempre resulta motivadora para novas actividades encamiñadas
a crear hábitos saudables e convertelos en prácticas habituais dende a
infancia.
Percorremos todas as seccións do supermercado , onde nos explicaron un
montonazo de cousas. As nenas e os nenos xa sabian moito e por iso adiviñamos moitos dos peixes da
peixaría, moitas verduras.... Tamén aproveitamos para mercar os ingredientes da receita que do 1º obradoiro de cociña, os pratos favoritos de PACA E
CALIXTO.
E para rematar menuda sorpresa nos tiña preparada FINA, unha merenda moi,
moi especial.
Aínda que as veces parece complicado, os nenos e nenas poden comer máis variado tamén
cando é un día de festa. Hoxe axudounos o EROSKI a mostrarlles
platos divertidos a base de froitas. Sería moi interesante agora que vos acompañaran na cociña a preparar e participar do momento de facer a merenda. Aquí deixamos
as ideas de Fina que foron todo un éxito .
É moi positivo presentar alimentos saudables en ambientes festivos .Debemos establecer unha
asociación positiva entre festa e saúde. O importante é preparalos ben e de
forma divertida e atractiva para as nenas e os nenos, lles chame a atención e desperte
a súa curiosidade. Así que apostade por merendas e festas de aniversarios con comida saudable e divertida
A visita ao supermercado EROSKI foi moi productiva e chea de agasallos, así que
GRAZAS , GRAZAS E MÁIS GRAZAS EROSKI
Nós continuaremos no cole con obradoiros, clasificación dos alimentos, propiedades que nos aportan,...sempre de xeito lúdico co que conseguimos moitos dos obxectivos dos programas do centro e desta etapa onde a iniciación e consolidación de hábitos de saúde e sostibilidade son fundamentais.
martes, 31 de enero de 2023
RETO DIVULGAMOS
Dentro dos proxectos EDUsostibilidade e Voz Natura o reto deste mes de xaneiro foi divulgar a importancia da auga para a vida no planeta, para a nosa supervivencia que conleva o coidado do que nos rodea e da natureza.
Aprendimos moi ben moitos xeitos de aforrar auga, recordámolo no seguinte video:
sábado, 7 de enero de 2023
COMEZA UN NOVO ANO
Xa estamos no ano 2023, axiña comezan outra vez as clases e volvemos con novas enerxías para continuar aprendendo.
Seguro que nestas datas son moitos os agasallos recibidos e todos eles estaban envoltos en preciosos papeis de cores.
Dentro da nosa política de “Residuo cero” lembrade que podemos reutilizar ese material creando novos elementos, por exemplo como fixemos coas bolas de nadal elaboradas cos restos de facer a decoración a aula.
Recortamos en pequenos pedazos e mesturamos con auga. Deixar uns dias para que abranden e logo podemos usar una batedora para triturar ou deixalo gordo. Con iso obtemos pasta de papel que podemos empregar para facer manualidades.
-
Un día para recordar que os contos e a lectura non son só palabras tamén é atención plena e sostida e desenvolvemento do maxín, por iso fix...
-
Conmemoracións, obradoiros, aprendendo sobre arte e deseño, contacontos e moito, moito xogo. Tendendo Pontes pola PAZ DÍA DA MULLER E A N...






































