lunes, 10 de octubre de 2022

CORRELINGUA

 

O pasado mércores desfrutamos da festa do Correlingua xunto a outros moitos centros da contorna.

Resultou divertido saír do colexio, e xa que o tempo acompañaba pasear un pouco por Viveiro.



Bailamos un montón coas cancións tan rokeiras de Pauliña.

E á volta tamén tivemos tempo de ollar o río Landro dende a Ponte da Misericordia á pescuda dalgún peixe.

Foi unha actividade divertida e que esperamos poder repetir na próxima edición do Correlingua.

Por certo, tivemos a sorte de que o guitarrista do grupo nos agasallou cunhas puas que imos compartir coa clase dos paxaros e a dos cangrexos para gardar un recordo deste día diferente e emocionante. Grazas Xiao 👍

                                            



No hay comentarios:

Publicar un comentario