Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de diciembre de 2022

FACENDO MAXIA?

 Rematou novembro e con el o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Realmente non é maxia é ciencia, pero para elas e eles son cousas sorprendentes aínda que o vexan moitas veces. Comparto aquí un resumo dos experimentos que realizamos na aula ao longo do mes. Un traballo que nos deu para pensar moito pero tamén para divetirnos.


Estamos desexando volver a ter unhas xornadas así e de seguro que repetiremos.

lunes, 10 de octubre de 2022

CORRELINGUA

 

O pasado mércores desfrutamos da festa do Correlingua xunto a outros moitos centros da contorna.

Resultou divertido saír do colexio, e xa que o tempo acompañaba pasear un pouco por Viveiro.



Bailamos un montón coas cancións tan rokeiras de Pauliña.

E á volta tamén tivemos tempo de ollar o río Landro dende a Ponte da Misericordia á pescuda dalgún peixe.

Foi unha actividade divertida e que esperamos poder repetir na próxima edición do Correlingua.

Por certo, tivemos a sorte de que o guitarrista do grupo nos agasallou cunhas puas que imos compartir coa clase dos paxaros e a dos cangrexos para gardar un recordo deste día diferente e emocionante. Grazas Xiao 👍