lunes, 30 de octubre de 2023

UNHA ESCOLA ENFEITIZADA

 Para celebrar o Samaín vimos de facer unha morea de obradoiros, fixemos monstros e pantasmas de moitos tipos para asustarnos e divertirnos, xa que o medo non nos da medo, só é unha emoción moi necesaria que nos pon alerta ante posibles perigos.

Asemade dende as vosas casas mandastes unhas cabazas moi ben feitiñas que forman parte da exposición da entrada,  que vos animo a visitar.

Fixemos moitos obradoiros creativos inventado monstros:


E tamén PANTAMAS MOI EMOCIONADAS:

Por último, non esquezades vir disfrazados ou ben amañados para darnos un bó susto!!!!



viernes, 13 de octubre de 2023

PACA E CALISTO COÑECEN VIVEIRO

 Comezamos un novo proxecto, o de coñecer a localidade onde vivimos, para que os nosos amigos Paca e Calisto percorran e coñezan Viveiro. O primeiro que fixemos foi ir a Oficina de Turismo a buscar información coa que traballaremos na clase durante todo o curso.

Agora para comezar empezaremos por un pouco de historia, posiblemente esta zona estivo habitada polos homes prehistóricos ,así coa axuda de Elsa que sabe moito do tema, estamos a investigar, e xa fixemos arte rupestre con carbón e tintes naturales ( de remoacha ).


Para seguir curioseando sobre os homínidos:





martes, 3 de octubre de 2023

ABERTO POR DIVERSIÓN

 Comezamos o novo curso, este 2023/24 será a última estación neste cole para as nenas e os nenos da clase da bolboreta e do peixe globo, por iso tentaremos de pasalo moi, moi ben divertíndonos moito e aprendendo outro tanto.

E para iniciar o curso, que mellor cousa que recoller os froitos das plantacións na Horta Mancomunada feitas na pasada primavera, unha morea de hortalizas!


E para iniciar a diversión nada nos pode gustar máis que un obradoiro de cociña, así que decidimos facer SALSA DE TOMATE. Aprendimos o nome de distintos tipos de tomates, que non eran hortalizas propiamente ditas se non que os TOMATES en realidade son unha froita e que debemos consumilos axiña por que enseguida se pasan e podrecen.
Como xa temos moita experiencia este obradoiro resultounos moi doado de facer e a SALSA estaba boísima, mágoa duns tallaríns!


Seguiremos experimentando coas hortalizas, xa temos moitas ideas.