Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de enero de 2023

COMEZA UN NOVO ANO

Xa estamos no ano 2023, axiña comezan outra vez as clases e volvemos con novas enerxías para continuar aprendendo.

Seguro que nestas datas son moitos os agasallos recibidos e todos eles estaban envoltos en preciosos papeis de cores.

Dentro da nosa política de “Residuo cero” lembrade que podemos reutilizar ese material creando novos elementos, por exemplo como fixemos coas bolas de nadal elaboradas cos restos de facer a decoración a aula.



Recortamos en pequenos pedazos e mesturamos con auga. Deixar uns dias para que abranden e logo podemos usar una batedora para triturar ou deixalo gordo. Con iso obtemos pasta de papel que podemos empregar para facer manualidades.







jueves, 15 de diciembre de 2022

CORRE TEMPO PASA XA...

 Desde que iniciou o mes de decembro estamos a ambientar e decorar a aula. 

Temos un reno simpático na porta


                                               Fixemos unha bola de nadal para as fiestras


Traballamos nos recantos con elementos navideños


E como o nadal tamén é tempo de compartir fixemos unhas fermosas árbores con piñas que doamos ao Mercadillo Solidario de Domus VI coa finalidade recaudar fondos para a Cruz Vermella


Hoxe visitamos o Mercadillo Solidario e cada quen mercou aquelo que máis lle gustou


 
Tamén vimos o fermoso que tiñan aquelo decorado, a árbore de nadal, a cheminea e incluso un belén donde estaban as Tanxugueiras 😂😂
O certo e que estamos moi contentas e contentos porque se venderon todas as árbores que fixemos 
👏💪👏

 
Queda pouco tempo para as vacacións de nadal pero aínda nos quedan MOITAS sorpresas para este días.

CORRE TEMPO PASA XA QUE MOI PRONTO É NADAL



 

viernes, 9 de diciembre de 2022

QUE VEÑA O NADAL

 Chegado este tempo as nenas e nenos xa están nerviosos porque o nadal é unha data de ilusión, maxia, sorpresas...

Para que poidades compartir na casa, deixo o enlace á proposta do Equipo de Activiades Complementarias e Extraescolares.

QUE VEÑA O NADAL

Podedes cantar, bailar, xogar e desfrutar cos vosos fillos e fillas, sobre todo os días de choiva.