viernes, 21 de abril de 2023

ABRIL, LIBROS E ACTIVIDADES MIL

 Marzo rematou cunha morea de actividades e abril comezou con outras tantas.As nosas sementes xa xermolaron e dentro de pouco teremos que trasplantalas na horta mancomunada na que temos unha pequena leira.

Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no blog de Librín. Logo debuxamos a Cocorico e pintamos con ovo e pincel.

Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo. 

   


Tamén descubrimos que a flor do camelio é un marabilloso xabrón natural

E aquí tedes un xogo coas flores que xa coñecemos, pero cuidado  hai que descubrir as dúas que non son de xardín que son silvestres!!!



E por último esta semana pasada dentro do proxecto Terra recibimos a unha inspectora urbanística e a ratiña FUS FUS que nos contou contos de ratiños e moitas cousas interesantes de como coidar do noso patrimonio natural e cultural.


martes, 11 de abril de 2023

LEMBRANDO O MES DE MARZO

 Marzo coa chegada da primavera foi un mes cheo de alegrías, de xogos  e de actividades:

-Pasámolo moi ben nas Nogueiras recuperando a tradición do noso pobo de saír ao campo no DÍA DAS TORTILLAS


-Podedes ver outras actividade dos proxectos da biblioteca e INCLÚE-T no blog de Librín

-Nas nosas investigacións sobre as plantas e as flores tamén imos ver que pasa coas semente que plantamos na terra pero tamén con esquexes de plantas na auga. A volta das vacacións veremos que acontece. 


Para rematar o trimestre uns obradoiros interesantes, recortando e cociñando emocións.