miércoles, 22 de marzo de 2023

O MES DA POESÍA E MOITO MÁIS

 Marzo é un mes no que sempre traballamos un pouco máis a poesía, entramos en contacto coa natureza e ademaís tivemos unha nova sesión de ioga con instrumentos musicais moi diferentes e relaxantes.

Por fin fixemos ioga na Ludoteca e coñecimos uns instrumentos musicais moi relaxantes, o gong e unha frauta moi diferente.

   

Comezamos a coñecer un pouco máis a natureza aprendendo o nome das flores que comezan a saír no campo e nos xardíns e sementamos cenorias, pementos e unha semente de mandarino.Agora esperaremos a que xermolen para transplantar.
Aprendemos poesías de Xoan Neira, que nos visitará en breve, do seu libro Calendario poético pero tamén aprendimos unha preciosa poesía de Manuel María do seu libro OS SOÑOS NA GAIOLA, escollimos este poema xa que a nosa amiga Paca ten un barco moi chuli. Logo ilustrámolo con preciosos debuxos para recitar na praza coa axuda do kamishibai, e fixémolos moi, moi ben!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario