Marzo rematou cunha morea de actividades e abril comezou con outras tantas.As nosas sementes xa xermolaron e dentro de pouco teremos que trasplantalas na horta mancomunada na que temos unha pequena leira.
Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no blog de Librín. Logo debuxamos a Cocorico e pintamos con ovo e pincel.
Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo.
E aquí tedes un xogo coas flores que xa coñecemos, pero cuidado hai que descubrir as dúas que non son de xardín que son silvestres!!!
E por último esta semana pasada dentro do proxecto Terra recibimos a unha inspectora urbanística e a ratiña FUS FUS que nos contou contos de ratiños e moitas cousas interesantes de como coidar do noso patrimonio natural e cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario