Unha excursión sempre resulta motivadora para novas actividades encamiñadas
a crear hábitos saudables e convertelos en prácticas habituais dende a
infancia.
Percorremos todas as seccións do supermercado , onde nos explicaron un
montonazo de cousas. As nenas e os nenos xa sabian moito e por iso adiviñamos moitos dos peixes da
peixaría, moitas verduras.... Tamén aproveitamos para mercar os ingredientes da receita que do 1º obradoiro de cociña, os pratos favoritos de PACA E
CALIXTO.
E para rematar menuda sorpresa nos tiña preparada FINA, unha merenda moi,
moi especial.
Aínda que as veces parece complicado, os nenos e nenas poden comer máis variado tamén
cando é un día de festa. Hoxe axudounos o EROSKI a mostrarlles
platos divertidos a base de froitas. Sería moi interesante agora que vos acompañaran na cociña a preparar e participar do momento de facer a merenda. Aquí deixamos
as ideas de Fina que foron todo un éxito .
É moi positivo presentar alimentos saudables en ambientes festivos .Debemos establecer unha
asociación positiva entre festa e saúde. O importante é preparalos ben e de
forma divertida e atractiva para as nenas e os nenos, lles chame a atención e desperte
a súa curiosidade. Así que apostade por merendas e festas de aniversarios con comida saudable e divertida
A visita ao supermercado EROSKI foi moi productiva e chea de agasallos, así que
GRAZAS , GRAZAS E MÁIS GRAZAS EROSKI
Nós continuaremos no cole con obradoiros, clasificación dos alimentos, propiedades que nos aportan,...sempre de xeito lúdico co que conseguimos moitos dos obxectivos dos programas do centro e desta etapa onde a iniciación e consolidación de hábitos de saúde e sostibilidade son fundamentais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario