lunes, 4 de diciembre de 2023

NADAL, DIVERTIDO E FAMILIAR

Nos últimos días disfrutamos moito nos obradoiros de Nadal, fixemos masa multisensorial para facer adornose moitos outros  para a árbore como a nosa contribución ao MERCADILLO SOLIDARIO DOMUS VI que recauda fondos para Cruz Vermella, fixemos tarxetas de Nadal para enviar as nosas familias, fixemos sorpresas para deixarlle a Papá Noel, o Apalpador e/ou aos Reis Magos. Tamén nos visitou a filla do Apalpador que nos contou moitas cousas e cantamos con ela.



Contárvos tamén que as nenas e os nenos fixeron uns debuxos cos que pretendemos crear un logo para o noso proxecto europeo ETWINNING. Tamén participaron os nosos amigos de Lituania, Grecia e Turquia.
Agora queremos que vos animedes a participar escollendo o que máis vos guste, só un voto por familia, podedes facelo pinchando AQUÍ

Tamén animarvos a entrar no twinspace do proxecto, clicando no logo que se atopa  na columna lateral dereita, tedes que introducir as credenciais que levaron nunha pequeniña tarxetiña hai uns mes aproximadamente.
Gracias por colaborar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario