jueves, 21 de diciembre de 2023

BO NADAL E ANINOVO

 Moi bo Nadal para todas e todos os que formamos a familia dos peixiños e bolboretas, tamén que o novo ano que está a punto de chegar nos agasalle con moita saúde, paz e felicidade.


Durante este mes fixemos moitos obradoiros e proxectos colaborativos:
-Árbores de nadal, adornos para colaborar con Domus Vi no seu mercado de Nadal, tarxetas de felicitación, masas sensoriais, candiles para deixarlle a Papá Noel, carta para o Apalpador,...


Tamén tivemos na biblioteca unha mensaxe especial que nos mandou o Apalpador dende o Courel, recibimos a visita da súa filla a Apalpadora e veu él en persoa a recoller as nosas cartas.









Por último unha recomedacións lectoras e de xogos que podedes ver no blog de Librín e tamén as que tiñamos no trineo de Papá Noel.




No hay comentarios:

Publicar un comentario