Estamos a punto de rematar unha semana chea de monstros. O certo e que aínda que pareza mentira gustamos dos sustos e o medo.
Cando empezaron a chegar os monstros á clase tivemos un pequeno problema, resulta que eran un pouco atravesados e descolocaban os libros da aula así que tivemos que pensar unha solución. Acordamos en facer un muro para deixalos encerrados pero o primeiro intento non foi moi produtivo
Facendo un debate consensuamos que era mellor traballar en equipo e de poucos en poucos, e iso si foi efectivo
A nosa idea funcionou e os diferentes monstros portáronse moi ben.
Ao longo da semana tamén elaboramos o noso propio monstro de aula
Agora está na exposición que xa veriades a maioría de vos.
Por suposto tivemos tempo para contos de medo e de monstros, e contamos coa grata visita de Estefanía Padullés que nos debuxou e contou “Leopoldo, o pequeno monstro”
Tamén fixemos uns morcegos e unhas pantasmas coas follas secas de outono que presamos, para decorar un pouco a aula
E a bruxa Maruxa agasallounos con uns cantos ingredientes máxicos, e unha receita para facer unha poción contra o medo.
Veremos se funciona..., porque o venres hai unha sorpresa monstruosa agardando por nós no final do corredor
A CASA DO TERROR
No hay comentarios:
Publicar un comentario