lunes, 15 de enero de 2024

NOVO PROXECTO ETWINNING: EXPLORERS OF NATURE


Co novo trimestre tamén comezamos novo proxecto Etwinning "EXPLORERS OF NATURE".

Pinchade no seguinte enlace para cubrir a enquisa.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSco_21ft6ZsiZe9pPhqsgQ4LEQXwxcV_xLgPw9GRBa3q_M-yA/viewform 

Moitas gracias por colaborar familias.



lunes, 8 de enero de 2024

NOVO ANO, NOVO TRIMESTRE

 Comezamos o segundo trimestre deste curso, esperamos seguir divertíndonos moito e pasándo moi ben na escola.

A modo de recordatorio do Nadal fixemos este video, esperamos que vos guste.



jueves, 21 de diciembre de 2023

BO NADAL E ANINOVO

 Moi bo Nadal para todas e todos os que formamos a familia dos peixiños e bolboretas, tamén que o novo ano que está a punto de chegar nos agasalle con moita saúde, paz e felicidade.


Durante este mes fixemos moitos obradoiros e proxectos colaborativos:
-Árbores de nadal, adornos para colaborar con Domus Vi no seu mercado de Nadal, tarxetas de felicitación, masas sensoriais, candiles para deixarlle a Papá Noel, carta para o Apalpador,...


Tamén tivemos na biblioteca unha mensaxe especial que nos mandou o Apalpador dende o Courel, recibimos a visita da súa filla a Apalpadora e veu él en persoa a recoller as nosas cartas.









Por último unha recomedacións lectoras e de xogos que podedes ver no blog de Librín e tamén as que tiñamos no trineo de Papá Noel.




lunes, 4 de diciembre de 2023

NADAL, DIVERTIDO E FAMILIAR

Nos últimos días disfrutamos moito nos obradoiros de Nadal, fixemos masa multisensorial para facer adornose moitos outros  para a árbore como a nosa contribución ao MERCADILLO SOLIDARIO DOMUS VI que recauda fondos para Cruz Vermella, fixemos tarxetas de Nadal para enviar as nosas familias, fixemos sorpresas para deixarlle a Papá Noel, o Apalpador e/ou aos Reis Magos. Tamén nos visitou a filla do Apalpador que nos contou moitas cousas e cantamos con ela.



Contárvos tamén que as nenas e os nenos fixeron uns debuxos cos que pretendemos crear un logo para o noso proxecto europeo ETWINNING. Tamén participaron os nosos amigos de Lituania, Grecia e Turquia.
Agora queremos que vos animedes a participar escollendo o que máis vos guste, só un voto por familia, podedes facelo pinchando AQUÍ

Tamén animarvos a entrar no twinspace do proxecto, clicando no logo que se atopa  na columna lateral dereita, tedes que introducir as credenciais que levaron nunha pequeniña tarxetiña hai uns mes aproximadamente.
Gracias por colaborar.

martes, 28 de noviembre de 2023

25 N

 Un conto marabilloso e moi ilustrativo que nos ofreceron os compañeiros na biblioteca




Falando de violencia tivemos unhas conversas ben interesantes das que sairon a nosa aportación ao mural realizado polo 25N, onde se contrapuxeron o bo e o malo, e visualizamos baixo a luz negra.