martes, 7 de abril de 2026

RESUMO DO TRIMESTRE REMATADO


Conmemoracións, obradoiros,  aprendendo sobre arte e deseño, contacontos e moito, moito xogo.

 Tendendo Pontes pola PAZ
 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

ENTROIDO E ENTERRO DA SARDIÑA


Polo 8M, co grupo Música Miúda ,"Cambiando os contos"
Sesión de xogos con BRAZOLINDA

VISITAS E OBRADOIROS DE CERÁMICA

   

 Pezas feitas con Otero Regal



 AS NOSAS PEZAS feitas no cole


Visita das artistas-docentes do Proxecto PLANEA, "Lapis , obxectos e cubricións"



VISITA POLAS PRAZAS DE VIVEIRO


XOGOS seguindo o modelo Hjalli, MOVEMENTO fronte a RELAXACIÓN

DESEÑANDO XOIAS, para a nosa participación no concurso   "Deseña unha xoia para túa nai"


  Celebración do DÍA DAS TORTILLAS no espazo natural das Nogueiras

















lunes, 29 de diciembre de 2025

CANDO É NADAL

 Un Nadal diferente e cheo de sorpresas.



lunes, 27 de octubre de 2025

OUTUBRO

 Este mes estivo cheo de actividades, de xogo e aprendizaxes para  a vida. Visitamos  Viveiro para coñecer o nome das prazas e rúas e buscar onde naceu e que rúa adicaron a nosa pintora preferida, que está de aniversario cunha gran exposición no museo Raiña Sofía, tamén visitamos as Nogueiras e traballamos a gradacion das cores, celebramos o Día das escritora e o Día das  bibliotecas.

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É, titulo do Proxecto Terra deste curso, dentro do cal iremos coñecendo mellor a nosa vila. Comezamos por ver as rúas principais e a unha pintora asociada a nosa vila, Maruja Mallo.


Polo Día das escritora María Rolle, escritora e compañeira, contounos o seu conto "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS", acompañada de Ánxela e da súa güitarra.


Primeira visita deste curso ás Nogueiras con moito xogo e aprendizaxe.


No Día das bibliotecas, ensinando contra a desinformación, lacra da sociedade actual.

Esta seman estamos a preparar o Samaín cos antagonistas dos contos como figura principal e coa axuda de tódalas familias, rematarmeos cunha festa o día 30.


martes, 14 de octubre de 2025

UN BO COMENZO , MOITOS PROXECTOS

 Comezamos o curso cun motón de proxectos e actividades, un contacontos divertido "Peixe fresco do día" coa colaboración do GALP  A Mariña -Ortegal, visita polo noso pobo para comezar os proxectos " VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É" e "CREADORAS, REFERENTES". Con estes proxectos pretendemos coñecer o pobo onde vivimos, xogos populares que se xogaban nas nosas rúas pero tamén a figura da artista Maruja Mallo enlazando a súas obras cos oficios tradicionais.





viernes, 12 de septiembre de 2025

BENVID@S A UN NOVO CURSO NO SAN ROQUE

 Acaba de comezar un novo curso e as nenas e os nenos da clase do peixe globo e da bolboreta amarela superaron con éxito a primeira semana, con moitos cambios e con moitas alegrías.

PACA, A NOSA AMIGA, A PIRATA ESTABA ESPERANDO POR NÓS.

 Seguro nos traerá sorpresas ao longo de todo este curso