lunes, 30 de octubre de 2023

UNHA ESCOLA ENFEITIZADA

 Para celebrar o Samaín vimos de facer unha morea de obradoiros, fixemos monstros e pantasmas de moitos tipos para asustarnos e divertirnos, xa que o medo non nos da medo, só é unha emoción moi necesaria que nos pon alerta ante posibles perigos.

Asemade dende as vosas casas mandastes unhas cabazas moi ben feitiñas que forman parte da exposición da entrada,  que vos animo a visitar.

Fixemos moitos obradoiros creativos inventado monstros:


E tamén PANTAMAS MOI EMOCIONADAS:

Por último, non esquezades vir disfrazados ou ben amañados para darnos un bó susto!!!!



viernes, 13 de octubre de 2023

PACA E CALISTO COÑECEN VIVEIRO

 Comezamos un novo proxecto, o de coñecer a localidade onde vivimos, para que os nosos amigos Paca e Calisto percorran e coñezan Viveiro. O primeiro que fixemos foi ir a Oficina de Turismo a buscar información coa que traballaremos na clase durante todo o curso.

Agora para comezar empezaremos por un pouco de historia, posiblemente esta zona estivo habitada polos homes prehistóricos ,así coa axuda de Elsa que sabe moito do tema, estamos a investigar, e xa fixemos arte rupestre con carbón e tintes naturales ( de remoacha ).


Para seguir curioseando sobre os homínidos:





martes, 3 de octubre de 2023

ABERTO POR DIVERSIÓN

 Comezamos o novo curso, este 2023/24 será a última estación neste cole para as nenas e os nenos da clase da bolboreta e do peixe globo, por iso tentaremos de pasalo moi, moi ben divertíndonos moito e aprendendo outro tanto.

E para iniciar o curso, que mellor cousa que recoller os froitos das plantacións na Horta Mancomunada feitas na pasada primavera, unha morea de hortalizas!


E para iniciar a diversión nada nos pode gustar máis que un obradoiro de cociña, así que decidimos facer SALSA DE TOMATE. Aprendimos o nome de distintos tipos de tomates, que non eran hortalizas propiamente ditas se non que os TOMATES en realidade son unha froita e que debemos consumilos axiña por que enseguida se pasan e podrecen.
Como xa temos moita experiencia este obradoiro resultounos moi doado de facer e a SALSA estaba boísima, mágoa duns tallaríns!


Seguiremos experimentando coas hortalizas, xa temos moitas ideas.

viernes, 23 de junio de 2023

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO

 Durante todo o mes de maio tivemos moitas actividades moi interesantes, algunhas podedes velas no video recopilatorio en:   DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Outras moitas actividades interesantes foron:

-Visita para coñecer e ver de cerca o reloxo da Igrexa de Santa María, recentemente restaurado




-Visita ao IES María Sarmiento para coñecer unha radio escolar por dentro, tamén compartimos co alumnado xogos e unha merenda como agasallo especial para nós.


Tamén realizamos obradoiros divertidos onde aprendimos unha morea de cousas novas:

-fixemos plantacións e saídas ao entorno.

- obradoiro de cociña- MACEDONIA






-Obradoiros divertidos, de arte, stem, Lupo, ... dentro do programa da BIBLIOTECA CREATIVA 

-Obradoiros de estampación, de creación e obradoiros con pezas Kappla



-Coñecimos algúns libros xogo



Por último dar as gracias a todas as familias que participastes na actividade   no CLUB DE LECTURA VERDECONTOS  e na actividade ESCOITAMOS COMO LES.




  



sábado, 6 de mayo de 2023

REMATANDO ABRIL E COMEZANDO MAIO

En abril, mes dos libros, os  venres foron de  monicreques e celebramos o  DÍA DO LIBRO cunha contacontos moi especial e moitas recomendacións lectoras que podedes ver no blog de Librín no seguinte enlace:

TODOS OS DÍAS SON LIBROS DE ABRIL

O último venres de monicreques tivo moita, moita maxia e correu a cargo do alumnado de 6º

MAXÍA

Rematamos o mes cun obradoiro e contacontos, no novo espazo creativo da nosa biblioteca espallada, titulado A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO



Participamos na I Andaina Solidaria polo Día Internacional do Deporte, organizada polo Grupo de Intervención Xuvenil de Viveiro en apoio a asociación pola Saúde Mental da Mariña.


Para comenzar maio tivemos unha primeira semana moi intensa:

1º- recordando a celebración do Día da Terra, fumos trasplantar as nosas sementes que moi ben xermolaron no invernadoiro do patio.


2º-Tivemos un novo obradoiro no espazo creativo da biblioteca , nesta ocasión  emocións e arte. Aprendimos a fabricar pintura con fariña e pigmentos naturais da man da artista e veciña de Burela Adriana Pardo, despois asociamos as cores creadas a distintas emocións.


3º-subimos a plantar árbores autóctonas a San Roque coa colaboración dos axentes forestais de Medio Rural  e da Comunidade de Montes San Roque.





4º-para rematar esta primeira semana visitounos unha odontóloga, Estefanía Regal, como parte do noso proxecto Edusaúde, que nos ensinou moitas cousas interesantes sobre os nosos dentes e os dos animais.