Este mes estivo cheo de actividades, de xogo e aprendizaxes para a vida. Visitamos Viveiro para coñecer o nome das prazas e rúas e buscar onde naceu e que rúa adicaron a nosa pintora preferida, que está de aniversario cunha gran exposición no museo Raiña Sofía, tamén visitamos as Nogueiras e traballamos a gradacion das cores, celebramos o Día das escritora e o Día das bibliotecas.
lunes, 27 de octubre de 2025
OUTUBRO
VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É, titulo do Proxecto Terra deste curso, dentro do cal iremos coñecendo mellor a nosa vila. Comezamos por ver as rúas principais e a unha pintora asociada a nosa vila, Maruja Mallo.
Primeira visita deste curso ás Nogueiras con moito xogo e aprendizaxe.
No Día das bibliotecas, ensinando contra a desinformación, lacra da sociedade actual.
martes, 14 de octubre de 2025
UN BO COMENZO , MOITOS PROXECTOS
Comezamos o curso cun motón de proxectos e actividades, un contacontos divertido "Peixe fresco do día" coa colaboración do GALP A Mariña -Ortegal, visita polo noso pobo para comezar os proxectos " VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É" e "CREADORAS, REFERENTES". Con estes proxectos pretendemos coñecer o pobo onde vivimos, xogos populares que se xogaban nas nosas rúas pero tamén a figura da artista Maruja Mallo enlazando a súas obras cos oficios tradicionais.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Acaba de comezar un novo curso e as nenas e os nenos da clase do peixe globo e da bolboreta amarela superaron con éxito a primeira semana, ...
-
Grazas á ANPA por facelo posible e por facer que o noso cole sexa un entre cen mil, FUNDACIÓN UNOENTRECIENMIL . Grazas ás familias polas ...
-
Coñecimos os insectos e a súas particularidades, dentro dun proxecto europeo con escolas de diversos paises. Para coñecelos en vivo en en d...





