Este mes estivo cheo de actividades, de xogo e aprendizaxes para a vida. Visitamos Viveiro para coñecer o nome das prazas e rúas e buscar onde naceu e que rúa adicaron a nosa pintora preferida, que está de aniversario cunha gran exposición no museo Raiña Sofía, tamén visitamos as Nogueiras e traballamos a gradacion das cores, celebramos o Día das escritora e o Día das bibliotecas.
@s peques do San Roque
lunes, 27 de octubre de 2025
OUTUBRO
martes, 14 de octubre de 2025
UN BO COMENZO , MOITOS PROXECTOS
Comezamos o curso cun motón de proxectos e actividades, un contacontos divertido "Peixe fresco do día" coa colaboración do GALP A Mariña -Ortegal, visita polo noso pobo para comezar os proxectos " VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É" e "CREADORAS, REFERENTES". Con estes proxectos pretendemos coñecer o pobo onde vivimos, xogos populares que se xogaban nas nosas rúas pero tamén a figura da artista Maruja Mallo enlazando a súas obras cos oficios tradicionais.
viernes, 12 de septiembre de 2025
BENVID@S A UN NOVO CURSO NO SAN ROQUE
Acaba de comezar un novo curso e as nenas e os nenos da clase do peixe globo e da bolboreta amarela superaron con éxito a primeira semana, con moitos cambios e con moitas alegrías.
PACA, A NOSA AMIGA, A PIRATA ESTABA ESPERANDO POR NÓS.
Seguro nos traerá sorpresas ao longo de todo este curso
jueves, 15 de mayo de 2025
POLAS LETRAS GALEGAS
A nosa lingua está a esmorecer por iso cada nao faise máis necesario celebrar que temos un idioma propio que suma, que axuda e que é un ben cultural dun pobo cunha idiosincrasia propia. Este ano está adicado as Cantareiras, mulleres que preservaron as cantigas tradicionais de xeito oral para que cheguen as vindeiras xeracións, por iso nós, para celebrar as LETRAS GALEGAS, tivemos a sorte de contar co grupo floklórico os do 21 do Vicedo. Poidemos desfrutar da música, recoñecer diferentes instrumentos musicais e aprender cantigas populares.
miércoles, 7 de mayo de 2025
CORRENDO CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
Grazas á ANPA por facelo posible e por facer que o noso cole sexa un entre cen mil, FUNDACIÓN UNOENTRECIENMIL. Grazas ás familias polas súas aportacións...
-
Acaba de comezar un novo curso e as nenas e os nenos da clase do peixe globo e da bolboreta amarela superaron con éxito a primeira semana, ...
-
Grazas á ANPA por facelo posible e por facer que o noso cole sexa un entre cen mil, FUNDACIÓN UNOENTRECIENMIL . Grazas ás familias polas ...
-
Coñecimos os insectos e a súas particularidades, dentro dun proxecto europeo con escolas de diversos paises. Para coñecelos en vivo en en d...









