miércoles, 5 de junio de 2024

LETRAS E FLORES

O mes de maio veu cargado de flores e letras ou viceversa. FIxemos flores e bolboretas para crear un mural ao xeito do cadro de EVA  ARMISÉN titulado ALEGRÍA, tamén traballamos vocabulario en lingua galega relacionado co que para cada un de nós representa esa emoción.



Festexamos os maios cos centros veciños e a colaboración do Concello e disfrutamos da nosa música tradicional galega xunto ao grupo OS DO VINTEÚN.



Tamén descubrimos a OPERA e coñecimos a aria da REINA DA NOITE da Flauta Máxica de W. Amadeus Mozart





sábado, 25 de mayo de 2024

MUNDOBICHOS

 Dan man do entomólogo Miguel Santamaria tivemos unha xornada realmente motivadora onde aprendimos moitísimas cousas sobres os insectos e poidemos disfrutar de coñecelos en vivo e en directo, poidemos tocalos e aprenciar pequenas cousas que sin velos en vivo nunca descubririamos. Asemade axudounos a perder moitos medos e bloqueos en relación a este tipo de animais, pero tamén a respetalos e coidar do medio que nos rodea.


















domingo, 19 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS: saída a Lugo, visita a Biblioteca Municipal

 Na Semana das LETRAS GALEGAS  visitamos a Biblioteca Pública Municipal onde falamos da homenaxeada este ano LUISA VILLALTA  e tamén de Rosalía de Castro, tamén coñecimos as bibliotecarias entregandolles os nosos debuxos para participar no Certamen de Narración e Debuxo Infantil pola Letras 2024.





Esta semana tamén viaxamos a Lugo en autobús para disfrutar da Exposición e do obradoiro da obra do pintor Joaquín Grcía Gesto.










martes, 7 de mayo de 2024

UNHA RECEITA DE COCIÑA, DA COCIÑA TÍPICA ESPAÑOLA

 Queremos invitarvos a preparar xunto coas vosas fillas e cos vosos fillos unha receita sinxela do abundante recetario da cociña española ( podedes sacar unha foto e que a traigan a clase ) para facer xunto coas familias do proxecto europeo no que estamos un recetario xuntos. Farémolo a través da plataforma CANVA , moi sinxela de usar. Deixámosvos 4 plantillas para que escollades e cubrades na que mellor vos pareza, é importante que respetedes a bandeira de cada país, depende de cada escola loxicamente. O único inconvinte é que debedes escribila en inglés ( pero co traductor de google hoxe todo é posible).

Moitas grazas por colaborar.


https://www.canva.com/design/DAGEdoxNGKs/COavK4GP_MHvOv269erO6Q/view?utm_content=DAGEdoxNGKs&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=editor

viernes, 3 de mayo de 2024

PRELIBROS DE ARTISTA, PRELIBROS OBXECTO

 A pasada semana tivemos a sorte de contar co artista e ilustrador Pablo Otero co que disfrutamos moito da posibilidade de crear, anticipando a posibilidade da creación literaria de xeito libre, inclusivo e diverso fixeron unha creación conxunta e colaborativa.


Asemade, esta semana tivmos a posibilidade de clasificar e recoller o espazo común de creación, un traballo moi enriquecedor tamén.