Comezamos o curso cunha morea de actividades, saída as Nogueiras, obradoiro artístico con Hervé Tullet, contacontos,... e chegou o Samaín para poder traballar unhas das principais emocións que sentimos, a do MEDO. Este curso eleximos o medo as ARAÑAS que tecen e tecen sen parar, é estamos a coñecelas un pouco máis cada día, xa que serán o núcleo do traballo deste trimestre. Para iso coñecimos o conto 8 PATAS de Ana Meilán, e nós como Luci, a arañiña do conto, cambiaremos cousas e coñeceremos a unha gran artista cunha vida parecida a desa araña, LOUISE DE BOURGEOIS .
As familias contades moito nesta historia e fixestes unhas arañas marabillosas que foi o punto inicial desta proposta e coas que fixemos unha exposición na entrada do cole para celebrar o SAMAÍN a festa que máis nos gusta do curso, mirade o vídeo para ver que ben o pasamos, xa que o MEDO tamén da risa.