martes, 25 de junio de 2024

BOAS VACACIÓNS DE VERÁN

 Despois dun curso moi intenso, emotivo, divertido e cheo sorpresas pero tamén de traballo arreo agora toca descansar todo o verán, a miña recomendación é que xoguedes moito e ler un pouquiño cada día.

Aquí deixo as recomendacións lectoras de Librín


miércoles, 5 de junio de 2024

LETRAS E FLORES

O mes de maio veu cargado de flores e letras ou viceversa. FIxemos flores e bolboretas para crear un mural ao xeito do cadro de EVA  ARMISÉN titulado ALEGRÍA, tamén traballamos vocabulario en lingua galega relacionado co que para cada un de nós representa esa emoción.



Festexamos os maios cos centros veciños e a colaboración do Concello e disfrutamos da nosa música tradicional galega xunto ao grupo OS DO VINTEÚN.



Tamén descubrimos a OPERA e coñecimos a aria da REINA DA NOITE da Flauta Máxica de W. Amadeus Mozart